3 dic 2015

Have Got








Actividade realizada cos nen@s de terceiro para traballar "Have got / Haven´t got" co vocabulario da unidade. Aquí podemos ver algúns exemplos da actividade.

19 nov 2015

Alphabet Song


Para os meus alumn@s de terceiro, esta simpática canción para que collan con moito cariño o "Spelling".

1 nov 2015

English in Shops




O inglés  está presente en todo o que nos rodea dando un paso máis no noso entorno a través do mundo da moda nas tendas das nosas cidades.  



13 sept 2015

Pre - Primary


Este video é unha homenaxe aos cativos de infantil cos que levo traballando dende que cheguei a este centro e que agora deixo nas mans da Teacher Lucía. Os videos máis abaixo recollen algúns dos momentos deste curso 2014/2015.



9 sept 2015

Back to School




                                                               
A miña benvida para tod@s nesta volta ó cole. Que non nos falte a ilusión neste novo curso que estamos a piques de comenzar.

23 jun 2015

Medieval Times Lap-Book


Esta actividade foi reaizada polos nen@s de sexto en relación o proxecto traballado este curso no noso colexio sobre a Idade Media.

27 may 2015

Sarah´s Interview


Manán xoves 28 de maio é o último día de Sarah, a nosa auxiliar de conversa, no noso colexio polo que un grupo de rapaces e rapazas de 6º fixéronlle unha entrevista e prepararon esta pequena montaxe.

1 may 2015

American Week


Durante esta última semana de Abril, nas clases de inglés e plástica bilingüe estivemos a traballar sobre USA para que os nen@s coñecesen mellor o país de Sarah, a nosa auxiliar de conversa. Estas son algunhas das actividades desenroladas nas clases de inglés, as realizadas en plástica pódense ver en "Going Bilingual".




Sarah facéndonos unha presentación.


Previamente os de cuarto pintaron a bandeira americana en papel para a decoración da entrada da nosa aula e despois a fixeron con nubes.


Sarah estivo cos alumn@s de sexto facendo "Smores / S´mores". Delicious!!!.


Tamén fixemos un photocall...



... e vestímonos para a ocasión.



Fixemos estes sobres para gardar as actividades feitas nas clases de inglés ao longo da semana.O primeiro sobre corresponde aos nen@s de 4º e o segundo sobre os de 6º.

16 abr 2015

What´s the weather like today ?


Reutilicei bolsas de papel para facer un calendario do tempo cos nen@s de infantil 3 anos. Cada bolsa da para dous nena@s. Usamos ambos lados, na parte dianteira pegamos "It´s raining" e na parte de atrás "It´s sunny". Hoxe o levaron para casa para ir cambiando o calendario según o tempo que faga pedindo colaboración aos pais mediante unha nota adxunta.





 

22 mar 2015

18 mar 2015

16 feb 2015

Valentines



Enlazada coa actividade proposta dende a Biblioteca para o día de San Valentín, en 6º fixemos dúas actividades.




Na primeira actividade traballamos esta canción de Bruno Mars que presenta Marta Maceira no seu blog "Hello Teacher" dentro dos recursos de San Valentín.




Na segunda fixemos unha actividade cooperativa de cohesión grupal chamada "O Buzón" na que cada  nen@ colle un papel co nome dun compañeiro/a e ten que pensar en algo positivo que ten ese nen@. 
A continuación fiemos estes "Valentines".










Intercambio de "Valentines".

9 feb 2015

Clothes


                                       

Canción de prendas para infantil.

5 ene 2015

Pre - Primary Christmas


Actividade realizada polos nen@s de infantil 4 anos.


                                                                      
Actividade realizada polos nen@s de infantil 5 anos.