Escomenzamos este proxecto co visionado deste video. Fíxose cos nen@s de 3º de Primaria.
Os nen@s fixeron unha portada para o proxecto nas súas libretas.
A continuación fixemos esta actividade de "Listen and complete" e "Explore the Internet with your classmate" a partires do video.
Esta actividade foi tomada de "The Craft Train".
Completamos a "Food Pyramid", algúns utilizaron recortes de revistas e outros prefiriron debuxar.
Coloreamos cada alimento seguindo un código en función do que nos aporta. Esta actividade é un complemento da anterior.
Este "jigsaw" permitíunos afianzar conceptos.
Finalizamos este proxecto coa elaboración deste "healthy snack" no comedor do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario