26 may 2014

Aprendizaxe Cooperativo

Para repasar o aprendido sobre o noso proxecto "Our Food" e comprobar hasta qué punto se conseguiran os obxectivos previstos, utilicei unha estrutura de Aprendizaxe Cooperativo chamada "Cadea de preguntas".

Durante tres minutos, aproximadamente, cada equipo pensa nunha pregunta sobre o proxecto que vai a plantexar ó equipo que está o seu lado, segundo a dirección das agullas do reloxo. Cada equipo ten dous portavoces, un para facer a pregunta que pensaron entre tod@s e outro para dar a resposta que pensaron entre tod@s. A pregunta pode ser plantexada en galego ou castelán pero a resposta ten que ser dada, obligatoriamente,  en inglés.





 Pasados os tres minutos, o portavoz do equipo plantexa a pregunta o equipo seguinte, o cal responde e seguidamente, o portavoz deste equipo fai unha pregunta ó seguinte equipo e así sucesivamente ata que o último equipo fai a pregunta o primeiro equipo que iniciou a "Cadea de preguntas". Se unha pregunta xa foi planteada con anterioridade, non se pode repetir e se salta ese equipo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario