26 may 2014

Aprendizaxe Cooperativo

Para repasar o aprendido sobre o noso proxecto "Our Food" e comprobar hasta qué punto se conseguiran os obxectivos previstos, utilicei unha estrutura de Aprendizaxe Cooperativo chamada "Cadea de preguntas".

Durante tres minutos, aproximadamente, cada equipo pensa nunha pregunta sobre o proxecto que vai a plantexar ó equipo que está o seu lado, segundo a dirección das agullas do reloxo. Cada equipo ten dous portavoces, un para facer a pregunta que pensaron entre tod@s e outro para dar a resposta que pensaron entre tod@s. A pregunta pode ser plantexada en galego ou castelán pero a resposta ten que ser dada, obligatoriamente,  en inglés.





 Pasados os tres minutos, o portavoz do equipo plantexa a pregunta o equipo seguinte, o cal responde e seguidamente, o portavoz deste equipo fai unha pregunta ó seguinte equipo e así sucesivamente ata que o último equipo fai a pregunta o primeiro equipo que iniciou a "Cadea de preguntas". Se unha pregunta xa foi planteada con anterioridade, non se pode repetir e se salta ese equipo.




25 may 2014

Our Food Project


Escomenzamos este proxecto co visionado deste video. Fíxose cos nen@s de 3º de Primaria.



Os nen@s fixeron unha portada para o proxecto nas súas libretas.



A continuación fixemos esta actividade de "Listen and complete" e "Explore the Internet with your classmate" a partires do video.



Esta actividade foi tomada de "The Craft Train".



Completamos a "Food Pyramid", algúns utilizaron recortes de revistas e outros prefiriron debuxar.



Con esta actividade repasamos os conceptos aprendidos.



Coloreamos cada alimento seguindo un código en función do que nos aporta. Esta actividade é un complemento da anterior. 



Este "jigsaw" permitíunos afianzar conceptos. 



Finalizamos este proxecto coa elaboración deste "healthy snack" no comedor do colexio.

22 may 2014

My Pet





Aquí están os cativos de tres anos xogando na pizarra dixital para afianzar o vocabulario das mascotas. 

7 may 2014

School Canteen May





No episodio de Peppa Pig fálase do "Smoothie" e neste video aprendemos a facelo. É moi sinxelo de preparar e unha maneira deliciosa de comer froita. Delicious !!!

5 may 2014

Mother´s Day


En infantil 5 anos estivieron coloreando unha postal para o Día da Nai. Decidín reutilizar bolsas de papel para enmarcar a postal. Cada bolsa daba para dúas postais.  Utilicei unha troqueladora de scrap para os bordes.