13 nov 2013

Can / Can´t


 Nen@s de terceiro, aquí está este video para seguir repasando e afianzando "Can / Can´t".

11 nov 2013

School Canteen


Fai click no debuxo para ver a historia "The hungry dragon". Con este conto repasaredes "I´m hungry" e nomes de alimentos. Cando estedes no comedor e teñades fame xa sabedes como tedes que dicirlle a Ana e a Sandra……. "I´m hungry", "I´m very, very hungry". Bo proveito!!



E cando teñades sede, recordade, "I´m thirsty". Aqui tedes este video que vos permitirá repasar teño sede e vocabulario de bebidas.

8 nov 2013

Dinosaur Labeling

                                                                                                         
Seguindo coas partes do corpo en primeiro, fixemos esta actividade de "labeling" para traballar a comprensión escrita e a verdade e que o fixeron xenial !. Darlle moitísimas gracias a profe Loli por deixarnos este Stegosaurus que fixo cos seus cativos de infantil. Gracias Loli.

Finger- fun


Estivemos traballando as partes do corpo e aproveitei esta actividade para repasar "fingers". Aquí están os nenos e nenas de 1º B usando a súa imaxinación para transformar as súas pegadas dos dedos en algo  creativo ó tempo que se divertían.