BENVID@S. Nestes momentos soamente imparto clase en Primaria. Con este blog pretendo dúas cousas: Compartir o meu traballo con outr@s compañeir@s e que as familias teñan coñecemento dalgunhas das cousas que facemos nas clases de inglés. Por outra banda aos nen@s encántalles verse e ver os seus traballos colgados na web, o que leva implícito unha motivación engadida. Comentarios e suxerencias son ben recibidas.
10 dic 2015
3 dic 2015
Have Got
Actividade realizada cos nen@s de terceiro para traballar "Have got / Haven´t got" co vocabulario da unidade. Aquí podemos ver algúns exemplos da actividade.
22 nov 2015
19 nov 2015
Alphabet Song
Para os meus alumn@s de terceiro, esta simpática canción para que collan con moito cariño o "Spelling".
10 nov 2015
5 nov 2015
Present Continuous
Aquí temos tres videos para seguir repasando e practicando o presente contínuo. Animádevos a clickar no que vos pareza mais divertido. Xa me contaredes.
1 nov 2015
English in Shops
O inglés está presente en todo o que nos rodea dando un paso máis no noso entorno a través do mundo da moda nas tendas das nosas cidades.
28 oct 2015
13 sept 2015
Pre - Primary
Este video é unha homenaxe aos cativos de infantil cos que levo traballando dende que cheguei a este centro e que agora deixo nas mans da Teacher Lucía. Os videos máis abaixo recollen algúns dos momentos deste curso 2014/2015.
9 sept 2015
Back to School
A miña benvida para tod@s nesta volta ó cole. Que non nos falte a ilusión neste novo curso que estamos a piques de comenzar.
23 jun 2015
Medieval Times Lap-Book
Esta actividade foi reaizada polos nen@s de sexto en relación o proxecto traballado este curso no noso colexio sobre a Idade Media.
8 jun 2015
1 jun 2015
27 may 2015
Sarah´s Interview
Manán xoves 28 de maio é o último día de Sarah, a nosa auxiliar de conversa, no noso colexio polo que un grupo de rapaces e rapazas de 6º fixéronlle unha entrevista e prepararon esta pequena montaxe.
1 may 2015
American Week
Durante esta última semana de Abril, nas clases de inglés e plástica bilingüe estivemos a traballar sobre USA para que os nen@s coñecesen mellor o país de Sarah, a nosa auxiliar de conversa. Estas son algunhas das actividades desenroladas nas clases de inglés, as realizadas en plástica pódense ver en "Going Bilingual".
Previamente os de cuarto pintaron a bandeira americana en papel para a decoración da entrada da nosa aula e despois a fixeron con nubes.
Sarah estivo cos alumn@s de sexto facendo "Smores / S´mores". Delicious!!!.
Sarah estivo cos alumn@s de sexto facendo "Smores / S´mores". Delicious!!!.
Tamén fixemos un photocall...
... e vestímonos para a ocasión.
Fixemos estes sobres para gardar as actividades feitas nas clases de inglés ao longo da semana.O primeiro sobre corresponde aos nen@s de 4º e o segundo sobre os de 6º.
28 abr 2015
16 abr 2015
What´s the weather like today ?
Reutilicei bolsas de papel para facer un calendario do tempo cos nen@s de infantil 3 anos. Cada bolsa da para dous nena@s. Usamos ambos lados, na parte dianteira pegamos "It´s raining" e na parte de atrás "It´s sunny". Hoxe o levaron para casa para ir cambiando o calendario según o tempo que faga pedindo colaboración aos pais mediante unha nota adxunta.
25 mar 2015
22 mar 2015
18 mar 2015
24 feb 2015
16 feb 2015
Valentines
Enlazada coa actividade proposta dende a Biblioteca para o día de San Valentín, en 6º fixemos dúas actividades.
Na primeira actividade traballamos esta canción de Bruno Mars que presenta Marta Maceira no seu blog "Hello Teacher" dentro dos recursos de San Valentín.
Na segunda fixemos unha actividade cooperativa de cohesión grupal chamada "O Buzón" na que cada nen@ colle un papel co nome dun compañeiro/a e ten que pensar en algo positivo que ten ese nen@.
Intercambio de "Valentines".
14 feb 2015
9 feb 2015
8 feb 2015
19 ene 2015
16 ene 2015
10 ene 2015
5 ene 2015
Pre - Primary Christmas
Actividade realizada polos nen@s de infantil 4 anos.
Actividade realizada polos nen@s de infantil 5 anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)