BENVID@S. Nestes momentos soamente imparto clase en Primaria. Con este blog pretendo dúas cousas: Compartir o meu traballo con outr@s compañeir@s e que as familias teñan coñecemento dalgunhas das cousas que facemos nas clases de inglés. Por outra banda aos nen@s encántalles verse e ver os seus traballos colgados na web, o que leva implícito unha motivación engadida. Comentarios e suxerencias son ben recibidas.
28 nov 2013
24 nov 2013
Autumn Leaves
Que cor tan bonita teñen neste momento as follas das árbores do patio do cole. Os nen@s de Infantil 5 anos estiveron recollendo algunhas durante o recreo. Mírade que composicións tan bonitas fixeron !!.
22 nov 2013
14 nov 2013
Art Bilingual Section Blog
Nenas e nenos de sexto, acabo de inaugurar o blogue da sección bilingüe de plástica, o cal podedes ver cliclando na foto de enriba, ou no enlace que aparece no lado dereito. Nel atoparedes as actividades que vaiamos facendo na clase e outras que podedes facer pola vosa conta. Tamén haberá enlaces interesantes sobre a reciclaxe.
13 nov 2013
Can / Can´t
Nen@s de terceiro, aquí está este video para seguir repasando e afianzando "Can / Can´t".
12 nov 2013
11 nov 2013
School Canteen
Fai click no debuxo para ver a historia "The hungry dragon". Con este conto repasaredes "I´m hungry" e nomes de alimentos. Cando estedes no comedor e teñades fame xa sabedes como tedes que dicirlle a Ana e a Sandra……. "I´m hungry", "I´m very, very hungry". Bo proveito!!
E cando teñades sede, recordade, "I´m thirsty". Aqui tedes este video que vos permitirá repasar teño sede e vocabulario de bebidas.
8 nov 2013
Dinosaur Labeling
Seguindo coas partes do corpo en primeiro, fixemos esta actividade de "labeling" para traballar a comprensión escrita e a verdade e que o fixeron xenial !. Darlle moitísimas gracias a profe Loli por deixarnos este Stegosaurus que fixo cos seus cativos de infantil. Gracias Loli.
Finger- fun
Estivemos traballando as partes do corpo e aproveitei esta actividade para repasar "fingers". Aquí están os nenos e nenas de 1º B usando a súa imaxinación para transformar as súas pegadas dos dedos en algo creativo ó tempo que se divertían.
6 nov 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)